Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

La Romanización de los Pueblos Prerromanos en la Península Ibérica según Estrabón - Prof. , Ejercicios de Física

Estrabón, escritor griego del siglo i a.c., describe la adopción de la cultura romana por pueblos prerromanos de la península ibérica, utilizando como ejemplo a los turdetanos. Se trata de una romanización que se extendió a otros pueblos y ciudades, con efectos positivos para los conquistados, como la introducción de instituciones de gobierno, la división provincial romana de hispania citerior y ulterior, y la extensión de la lengua latina. El texto también aborda la actividad de paulo emilio en hispania y la manumisión de esclavos en turris lascutana.

Tipo: Ejercicios

2017/2018

Subido el 03/03/2018

ander_silva
ander_silva 🇪🇸

4 documentos

1 / 8

Documentos relacionados


Vista previa parcial del texto

¡Descarga La Romanización de los Pueblos Prerromanos en la Península Ibérica según Estrabón - Prof. y más Ejercicios en PDF de Física solo en Docsity! Lois Vázquez Fernández Historia Antiga da Península Ibérica Grupo B expositivas Curso 2017-2018 Comentario de texto Turdetanos e Túrdulos Neste fragmento, o xeógrafo grego Estrabón (c. 64 ou 63 a.C. - c. 19 ou 24 d.C.) nós fala da adopción da cultura romana por parte dos pobos prerromanos que habitaban na Península Ibérica: A romanización. O propio autor pon como exemplo desta romanización ós pobos turdetanos, estendéndoa a outros pobos e cidades. Un feito chamativo é que Estrabón nunca estivo en Hispania. No propio texto faise referencia aos efectos positivos da Romanización, as vantaxes que lles trouxo a conquista romana tanto ós pobos máis primitivos, os celtas e aqueles outros pobos que se atopaban nunha fase de influenza romana. Refírese a segunda fase da conquista e romanización que incorporou ao Imperio Romano a rexión bética, a zona de Lusitania e territorios que resultaban complexos de someter como era a zona celtibérica (Numancia, Palencia....) Centrándonos no Turdetanos, cabe destacar que son considerados pola maioría dos historiadores como os sucesores de Tartessos. Para defender esta afirmación, os historiadores recorren ao argumento de que ocuparon o mesmo territorio, cuxos límites poden situarse na Andalucía Occidental e cuxo centro político e socioeconómico foi O Baixo e Medio Guadalquivir ata o actual Xaén incluíndo o baixo Xenil. Polo norte e o oeste o limes podería poñerse na Baixa Extremadura e na Serra Morena occidental. A información que dispoñemos na actualidade sobre os Turdetanos é de gran importancia debido a: Gran cantidade de datos arqueolóxicos, o que facilita as datacións e a información correspondente aos seus asentamentos e cultura; foron a zona da península que foi conquistada antes por Roma; mantiveron contacto con outros pobos colonizadores fenicios e gregos debido ás riquezas dos seus recursos que se atopaban nunha zona moi fértil. Estrabón fai fincapé no texto nas consecuencias que tivo a romanización de Hispania: Difúndese a prosperidade e organización política ( refírese á introdución de institucións de goberno, á división provincial romana de Hispania Citerior e Ulterior); romanización intensa na rexión Bética (os turdetanos / descendentes dos Tartessos), territorio que foi relativamente fácil, como mencionamos anteriormente, por ser lugar de asentamento de zonas de colonización grega e fenicia; introduciuse o latín, esquecéndose das súas linguas e costumes. Instaláronse colonos romanos con todas as vantaxes que isto leva: introdución de cultivos, formas de traballar a terra, cultivos, formas de explotación dos recursos mineiros A romanización está a darse desde as cidades; fúndanse moitas nesta zona Pax Augusta ( Beja / Portugal ) Mérida entre os lusitanos Cesaroaugusta, Zaragoza etc, Con elas cambiáronse os modos de vida; xorden os estolados: os que visten estolas, é dicir vestidos romanos fronte ao modelo de vestimenta que tiñan os celtas, é dicir peles ( para eles eran feros ) Refírese a adoptar os costumes romanos. Tamén fala o xeógrafo grego das cidades de carácter mixto. Isto é, lugares de confluencia de distintos pobos con diferentes grados de civilización. Porén, Estrabón, aínda que marque diferenzas entre estes pobos, xa sinala o gran calado da romanización neste momento histórico. Decreto de L. Emilio Paulo (189 a. C.): A escravitude comunitaria O decreto do xeneral romano Emilio Paulo do ano 189 a. C. sobre os habitantes da Torre Lascutana conservouse nunha inscrición en bronce. Este Bronce de Lascuta, como se lle coñece, é a inscrición romana máis antiga que se atopou na Península e constitúe un resumo do texto orixinal do decreto. Descubriuse en 1866 na provincia de Cádiz, preto de Alcalá de los Gazules . Hai que ter en conta que este decreto está en relación coas sublevacións acaecidas no ano 197 nos territorios dominados polos romanos. Trátase dun edicto datado o 19 de xaneiro do 189 a. C, dado por L. Paulo Emilio, pretor no 191 a. C, ano no que obtivo a provincia Ulterior, baixo o consulado de P. Cornelio Escipión Nasica e de M. Acilio Glabrio. A actividade de Paulo Emilio en Hispania tivo unha traxectoria salpicada de vitorias e derrotas. O Bronce de Lascuta, tamén coñecido como o Decreto de Emilio Paulo,tamén coñecido como Bronce de Lascuta, serviu aos historiadores para completar o coñecemento da campaña meridional do procónsul. O contido da inscrición transmite a manumisión dunha serie de individuos, certos servei da cidade de Ata, e o permiso para o seu propio pobo, senón a Fabio Píctor, primeiro historiador romano, que compuxo un termo derivado das semellanzas existentes entre os celtas invasores de Italia e os celtas de Iberia, de onde partiu o termo «Keltiberes». Neste texto, por outra banda, podemos apreciar unha intensa propaganda de Augusto. Para iso, Estrabón fai unha exaltación da civilización grecorromana e menospreza aos indíxenas cualificando como bárbaros, divididos en pequenas tribus e reinos. Os Celtíberos foron, de todos os pobos célticos peninsulares, os mellor coñecidos e os que xogaron un papel histórico e cultural máis determinante. A primeira referencia á Celtiberia sitúase no contexto da II Guerra Púnica ao narrar Polibio os prolegómenos do asedio de Sagunto, na primavera do 219 a. C. Desde ese momento, as mencións á Celtiberia e os Celtíberos son abundantes e variadas, por ser estes un dos principais protagonistas dos acontecementos bélicos desenvolvidos na Península Ibérica durante o século II a. C., que culminarían no ano 133 a. C. coa destrución de Numancia, e por xogar un papel destacado, igualmente, nalgúns dos episodios militares do século I a. C., como sería o caso das Guerras Sertorianas. Para Diodoro, Apiano e Marcial (o termo « celtíbero» tería que ver cun grupo mixto, pois consideran que os Celtíberos eran Celtas mesturados con Iberos, aínda que para Estrabón prevalecería o primeiro destes compoñentes, como o confirman as evidencias lingüísticas, onomásticas e arqueolóxicas. O termo sería creado polos escritores clásicos para dar nome a un conxunto de pobos hostís cara a Roma, suxeríndose que ben puidese estar a facer alusión aos Celtas de Iberia, a pesar de non ser os Celtíberos, como é sabido, os únicos Celtas da Península. Aínda que para algúns autores actuais o concepto non remite a unha unidade étnica, para outros si se trataría dun grupo destas características, xa que incorpora entidades de menor categoría, de forma semellante aos Galos ou os Iberos. De todos os xeitos, a nómina de pobos que se incluirían baixo o termo xenérico de « celtíbero» non está suficientemente aclarada, sendo comunmente aceptados os Arévacos, Belos, Pericos, Lusones e Pelendones, aínda cando outros, como Vacceos, Olcades ou, mesmo, Carpetanos, poidan ser, así mesmo, incluídos entre os mesmos. De acordo con isto, a Celtiberia configúrase como unha rexión xeográfica individualizada, a partir das fontes literarias, a epigrafía, a lingüística e a arqueoloxía, nas altas terras da Meseta Oriental e a marxe dereita do Val Medio do Ebro, englobando, en liñas xerais, a actual provincia de Soria, boa parte de Guadalaxara e Conca, o sector oriental de Segovia, o sur de Burgos e A Rioxa e o occidente de Zaragoza e Teruel, chegando mesmo a alcanzar a zona noroccidental de Valencia. A análise das etnias tidas como celtibéricas, e a súa delimitación mediante as cidades que se lles adscriben, permite determinar uns límites para a Celtiberia que de ningún xeito hai que considerar estables. Neste sentido poden valorarse os apelativos que acompañan a certas cidades, facendo referencia ao carácter limítrofe das mesmas, como Segobriga, caput Celtiberiae, en Cuenca, Clunia, Celtiberiae finis, en Burgos, ou Contrebia Leucade, caput eius gentis, na Rioxa. Estrabón, para a localización dos arévacos recorre ás noticias aportadas por Plinio e Ptolomeo, este último o cal lles atribúe a cidade de Numancia. Con respecto a Segeda, é asociada tamén na tradición aos Belos. Con respecto a Segóbriga e Bilbilis, cabe dicir que Estrabón as considera cidades celtibéricas, aínda que non as adscribe a ningunha «nación» en concreto. Nunha segunda parte do fragmento, máis descritiva, di que a xeografía do país non é apta para un gran urbanismo, ademais é un pobo pobre. Non é de estrañar xa que sabemos que os celtíberos habitaron as terras do sistema Ibérico e as altas terras da Meseta. Un territorio situado por enriba dos 1000 m de altura, onde a vida era dura pero se favorecía unha gandería estacional con desprazamentos invernais para a súa subsistencia, o que axuda a comprender a tendencia a expansión e ao mestizaxe cultural con outros pobos limítrofes, como os vacceos, que influirían á súa vez na súa propia evolución. Cousa semellante di dos iberos, aos que pon tamén como bandoleiros. Guerras contra íberos e celtíberos A revolta íbera (197-195 a. C.) foi unha rebelión dos pobos íberos das provincias Citerior e Ulterior, creadas pouco antes en Hispania polo Estado romano para regularizar o goberno destes territorios, contra esa dominación romana no século II a. A propia Roma accede a que un Cónsul se dirixa a península co fin de solucinar o conflito. Como xa vimos vendo anteriormente, os relatos que teñen que ver cos romanos e que son escritos por autores latinos mostran unha historia que pode ser moi discutida. Neste caso, Apiano, tanto os que relatan as actuacións de Catón sempre presentan de forma favorable os actos que realiza por ser un exemplo de romano exemplar. Catón non quería vir debido a que non era produtivo intervir nun conflito que non permitese aumentar o seu estatuts, gloria ou mesmamente riqueza. Ademais, non é sinxelo que obteña unha gran vitoria, xa que á súa fronte están varios inimigos atomizados e non un gran inimigo único. Xa que non hai un inimigo grande, por iso intenta provocalo. Así que comeza a saquear ao seu redor, buscando unha reacción, unha coaligación dos indíxenas contra o exército romano, obtendo unha gran vitoria nunha gran batalla e poder volver a Roma en triunfo. Tiña que ser imaxinativo para ter fama porque non tiña moito tempo, escasos dous meses, concretamente. Reduciu ás poboacións levantinas e prosigue as súas actividades atacando ás poboación do Ebro (chegou ao alto Ebro, ata a Rioja) e despois do Ebro pasou por Numancia. Este é o primeiro choque entre romanos e numantinos. O relato este de Apiano é feito para loubar a Catón, pero no medio do relato podemos extraer máis información. Sabemos que os indíxenas estaban organizados en cidades, por iso tivo que mandar a varios emisarios. Sobre a súa forma de goberno (vendo a quen se dirixen as cartas) vemos que se fala de maxistrados. Aparentemente Catón nos se cruza con reis. Sen contar aos ilergetas, a monarquía non debía ser a forma habitual de goberno. Do texto tamén se emana a colaboración dalgúns indíxenas cos romanos, debido a que visualizaban o triunfo romano e o poderío militar destes. O seguinte texto foi escrito por Estrabón, no cal fai referencia a expedición que foi levada a cabo por Décimo Xunio Bruto nas beiras do río Miño. Estas terras foron conquistadas por el entre o 138 e 132 a.c, terras que foran propiedade dos galaicos bracarenses. No propio texto, o autor menciona aos ártabros, tamén coñecidos como arrotrebas, os cales eran unha tribo de orixe celta asentada na Gallaecia lucense ó noroeste da Península Ibérica. Eran os poboadores da zona que comprende a ría da Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada de Xulio César no ano 62 a.c. Estes célticos, xunto cos Túrdulos, veciños dos Turdetanos, realizaron unha expedición cara Galicia, pero tras pasar o río Limia tiveron importantes perdas. Porén, os célticos se asentaron preto de Finisterre e os Túrdulos, chamados por Plinio veteres, establecéronse ao norte do Limia. Estos pobos que se atopaban ao norte do río Texo recibiron o nome de lusitanos. Nembargantes, cabe destacar que as etnias que habitaron este territorio foron moi diversas e cabe ter en conta que na propia cultura castrexa, característica en Galicia desde a Idade do Bronce. O modelo de vivenda era de base circular, mentres que noutras zona da Península, as plantas circulares foron desprazadas e remprazadas polas rectangulares A maiores, o autor fai fincapé na importancia que tiveron os lusitanos na resistencia contra Roma. O propio Estrabón define a este pobo como guerreiro, mentres que os autores romanos encargados da labor propagandística se refiren a estes con connotacións negativas. Isto tamén o aplica aos pobos montañeses do norte, aos que Estrabón fai referencia como Cántabros, Astures e Vascones.. Por último, o xeógrafo
Docsity logo



Copyright © 2024 Ladybird Srl - Via Leonardo da Vinci 16, 10126, Torino, Italy - VAT 10816460017 - All rights reserved