¡Descarga Apuntes unidade 2 y más Apuntes en PDF de Periodismo solo en Docsity! TEMA 2. COMO NACEN AS NOTICIAS? A. A actividade do xornalista no medio O xornalista ten a función de coller unha información para dar á poboación. Como xa se dixo anteriormente, no xornalismo non existe a obxectividade, o único que existe é a honestidade profesional. O máis sinxelo é que o xornalista vaia a por unha previsión simple, pero deberíamos buscar algo importante para o cidadán. O xornalista busca unha serie de temas. • Rutina Busca de feitos + escolma (selección)// traballar cos feitos: fontes e documentación // elixe os elementos importantes dos datos obtidos e edita // feed-back do público. “O traballo informativo transforma os sucesos en acontecementos xornalísticos” (Tuchman) Polo tanto, o xornalista busca feitos, recibe os que chegan e escolma. En segundo lugar traballa cos feitos seleccionados: fontes e documentación. Logo, escolle os elementos importantes dos datos obtidos e edita a posición no xornal (feed-back do público). Por último temos unha información, alguna queda dentro e outra non (o xornalista escolma e xerarquiza). • Pasos conversión acontecemento en noticia 1. Temos unha realidade 2. Dita realidade convértese nun acontecemento xornalístico 3. Proceso de producción 4. Información publicada • Temos varias realidades 1. Todo o que acontece 2. A que chega ao medio, que pode ser, por unha banda, a que chega directamente ao medio ou a que o xornalista busca (realidade mediática/axenda mediática). 3. A realidade publicada. Isto é unha pequena parte do que coñecemos. 4. A realidade excluída: vai haber partes que non se van a publicar. Excluímos información por motivos profesionais (exemplo: non interesa á audiencia). 5. A realidade silenciada: é a censurada. Non se publica por motivos non-profesionais. (Exemplo: presión política, casos de intimidade…) B. O acontecemento xornalístico, noticia e enfoque Un acontecemento é un feito, o obxecto da noticia. O feito ten que ser real. Un acontecemento xornalístico é un feito noticiable, ten que cubrir os requisitos para ser noticia. Debe interesar á audiencia. Se un acontecemento é ou non xornalístico é decidido polos propios xornalistas. A noticia é un feito. Un suceso, un relato, unha información e un público. Segundo Fontecuberta, a noticia é un suceso que implica algún xénero de acción, unha información, onde se describe ou se relata a acción en termos comprensibles, e un público ao cal se dirixen esas noticias a través dos medios de comunicación. O primeiro que imos recibir sempre van ser acontecementos, logo iremos decidindo cales deles poden chegar a ser noticia, e o seguinte paso é convertelos en noticia. Exemplo: de 1000 acontecementos, 50 se converten en acontecemento xornalístico e 30 deses chegan a ser noticia. O proceso de selección é moi grande. A primeira fase de producción non é a estrutura, senón o tema. O que vai decidir dito tema é o gatekeeper (“gardabarreiras”). Estes son os encargados de seleccionar os acontecementos que se van converter en noticia ou non. Unha vez decidimos que un tema é noticia podemos darlle diferentes enfoques: Exemplo: “Accidente bus Coruña-Sada” Enfoque de suceso: ocorreu e xa está. Contamos como un suceso. Enfoque político: se relacionamos este accidente de bus co resto de accidentes de buses ocorridos recentemente e o relacionamos á súa vez coa crise e a falta de diñeiro para financiar e mellorar o medio de transporte. Á hora de elixir o enfoque dáse o problema de que non sabemos en que sección do xornal meter á noticia. contacto coa súa audiencia sobre a base do desexo que ten o individuo de conectar cos otros. Prodúcese a resposta e o intercambio de coñecementos entre o comunicador e a audiencia. No modelo de equilibrio/ intercambio establécense as relación a través da comunicación cun público que comparte as ideas do comunicador. Unha vez temos o tema podemos tratalo dende diferentes enfoques. (Exemplo: o presunto problema dos príncipes podemos metelo, ben en prensa rosa, ou ben nun tema de política se consideramos que pode supor un problema para a sucesión). Teño que decidir en función do que lle interesa á audiencia. Con respecto ao rol do xornalista como produtor de noticias con relación ao público, Tuchman afirma que a noticia tende a dicirnos que queremos saber, que necesitamos saber e que deberíamos saber. O xornalista non pode renunciar a ser el o que estableza que é noticia porque estaría renunciando á súa profesión. (As fontes poden pretender sinalar que é importante pero, en última instancia, é o xornalista quen decide). C. Os valores noticia Son un conxunto de criterios, operación de instrumentos cos que os aparatos de información abordan a tarea de elixir cotidianamente, entre un número imprevisible e indefinido de acontecementos, unha cantidade finita e tendencialmente estable de noticias. Algúns deles: • Actualidade: todas as noticias teñen que ser de actualidade (os xéneros interpretativos e de opinión non teñen que ser actuáis). Outra excepción son os acontecementos atemporais como o botellón. • Novidade: algo de fai tempo que non se coñecía e se publica porque agora se coñece. (Exemplo: o rei quedou co presidente do Goberno onte/ Andersen foi visitar a Dickens mentres escribía os seus famosos contos). • Relevancia: importancia que pode ter ese feito na nosa vida. • Número de persoas implicadas: número de persoas que se viron afectadas por ese acontecemento. (Exemplo: o número de mortos inflúe moitísimo nunha publicación). • Proximidade: algo que esté preto de nós. Pode ser física ou cultural/histórica. Por que case non saen Uruguay e Venezuela nas noticias e sí México, Arxentina e Brasil, se a proximidade e similar? A resposta é sinxela, estamos recibindo información dos países nos que temos intereses económicos. Canto máis preto aconteza o suceso, máis probabilidad ten de convertirse en noticia. • Conflito: o valor conflito como valor noticia vén dado en feitos como as guerras. Sen embargo, se o xornalista crea un conflito, véxase ao abrir un debate, xa non sería valor noticia. • Proxección e consecuencia: a importancia que pode ter no futuro un feito. As consecuencias para a audiencia. (Exemplo: un cambio de normativa vai ter influencia para moita xente) Cantas máis consecuencias, máis impotante. • Nivel xerárquico: canta máis relevancia, máis importancia ten na sociedade. Non é o mesmo que dea a noticia o reitor da USC que un estudante (lugar que ocupa na sociedade). Temos que ter moi calro que algo que non existía non pode ser noticia. Pero non podemos confundir isto con que dun acontecemento xornalístico se saque unha noticia totalmente diferente ao acontecemento, D. Lecturas En numerosas ocasións, ao xornalista, fórzano a publicar algo que ás veces serve para competir con outras empresas, pero que a este non lle gustaría publicar. Poden encontrarse sen escapatoria xa que os temas de actualidade non os determina un medio senón o conxunto de medios. É decir, se se fai eco duns determinados feitos o medio de comunicación non pode evitalo senón a sociedade en conxunto dudaría da súa credibilidade. Outro tema de salientable importancia é a deontoloxía profesional xornalística. Enténdese esta como o conxunto de normas ou principios xerais que, en determinadas circunstancias, séntense como obrigatorias. A través do tempo, fóiselle dando un distinto tratamento á profesionalidade xornalística. Dende un estudo ao largo de diversas fases históricas foise vendo unha variación do rol do xornalista. A investigación dos medios de comunicación sobre a profesionalidade xornalística naceu a partir do gatekeeper, para engadir comparacións internas de cada nivel e interesarse nos nexos entre os diversos niveis. Dentro desta profesionalidade xornalística temos 3 modelos: • Gatekeeper • Advocate • Rol do xornalista. O xornalista “obxectivo”: mecanismo a través do cal o Goberno, as institucións ou a élite política poden transmitir as súas propias opinións e interpretacións da realidade. Temos que entender que estes 3 modelos de profesionalidade xornalística non son modelos que remplacen uns aos otros, senón que coexisten. Poderiamos relacionar tales modelos coas correntes dos medios de comunicación: • Funcionalismo: a idea do xornalista é a seguinte: seleccionar acontecementos para ser noticias. Posibles disfunciones: fonte engaña a xornalista e publica información falsa. • Crítica: os xornalistas non só transmiten información senón que son actores políticos que interveñen na realidade. É decir, o xornalista modifica a realidade co fin de espertar conciencias dos cidadáns. • Na interpretativa o xornalista se limita a analizar a realidade. En realidade, no estudo sobre a profesionalidade xornalística discútese dende o concepto de obxectividade ata o modelo de información. Hoxe, temos un debate sobre a profesionalidade xornalística. Podemos entendela como profesionalidade como eslogan ou, por outra banda, a profesionalidade como práctica abertamente constructiva. Na profesionalidade xornalística como eslogan, defínese positivamente a figura do xornalista, recualificando a función e a autonomía da figura profesional. O concepto de profesionalidade xornalística depende do país. Enténdese a competencia do xornalista como un mero servicio funcional. Aquí poderiamos nomear tamén o concepto dos que pensan que o xornalismo non debería ser unha carreira universitaria, senón un oficio.