Cargando

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer nuestros servicios, recoger información estadística e incluir publicidad. Si continúas navegando, aceptas la instalación y el uso. Si no la aceptas, puede que no te funcione correctamente la página. Puedes cambiar la configuración u obtener más información a través de nuestra Política de Cookies.

Descargar apuntes 

6. Poesía de posguerra II: X. L. Méndez Ferrín

Curso monográfico de poesía galega - Lengua y Literatura Gallega USC

Profesor: Xosé Manuel Salgado Rodríguez

Idioma: No especificado

Peso: 71kB

Atención: tu descarga comenzará en 10 seg.
Descarga patrocinada por Pisocompartido

Comentarios

Apuntes relacionados

Esto NO es el estado real de los apuntes, es una transcripción en bruto.
Vista previa:
1. A obra de Ferrín |Poesía |Relatos |Novela | |Voce na néboa (1957) |Percival e outras |Arrabaldo do norte | | |historias (1958) |(1964) | |Antoloxía popular |O crepúsculo e as |Retorno a Tagen Ata| |(1972) |formigas (1961) |(1971) | |Poesía enteira de |Elipsis e outras |Antón e os | |Heriberto bens (1980) |sombras (1974) |inocentes (1976) | |Con pólvora e magnolias|Crónica de nós |Arnoia, Arnoia | |(1976) |(1980) |(1987) | |O fin dun canto (1982) |Amor de Artur (1982)|Bretaña, | | | |Esmeraldina (1987) | |Homes e illas (1986) |Arraianos (1991) |No ventre do | | | |silencio (1999) | |Morte de Amadís (1990) | |Erótica (1992) | |Estirpe (1994) | |Era na selva de Esm | |(2004) | Algunhas notas sobre a súa obra: < Antoloxía popular asínaa como Heriberto Bens, mais era doado saber que a obra pertencía a Ferrín porque moitos dos poemas que contén xa foran publicados en revistas. < Poesía enteira de Heriberto Bens é un dos primeiros libros que publica Xerais. < Homes e illas, Morte de Amadís e Erótica pasan desapercibidos na primeira edición, xa que é unha edición moi luxosa e cara. En Era na selva de Esm inclúense os tres. 2. Características xerais da súa poesía A obra de Ferrín é un macrotexto no que os seus textos están relacionados entre si, pero tamén con obras doutros autores. As principais influencias na súa obra son: 1) Formalismo pondaliano: é Claudio Rodríguez Fer quen sinala esta característica, xa que para Ferrín Pondal é o primeiro poeta galego moderno. A influencia que Pondal exerce sobre el obsérvase nos seguintes trazos: a) Distanciamento vaticinante: do mesmo xeito que Pondal se afastaba para situarse nun pasado glorioso (grego, celta) que se opón ao presente, Ferrín achégase a un pasado combativo (Roi Xordo, Bóveda), dunha Galiza que se revela e que é exemplo para o presente. Porén, o pasado ao que se achega Ferrín é un pasado real, histórico, mentres que o de Pondal é lendario. b) Clasicismo narrativo: usa a épica para gabar ese pasado combativo, do mesmo xeito ca Pondal, pero Ferrín céntrase, como xa dixemos, en feitos históricos (Irmandiños, guerrilleiros antifranquistas) que mesmo traspasan o ámbito galego (Che Guevara, Jian King). c) Lingua: se a linguaxe de Pondal buscaba afastarse dos hiperenxebrismos, os vulgarismos ou os castelanismos achegando cultismos, a de Ferrín é unha linguaxe afastada, moi especializada, pero plenamente galega. Así, afástase da linguaxe intelixíbel dos socialrrealistas. Onde mellor se aprecia a influencia de Pondal na Poesía enteira de Heriberto Bens. 2) Superrealismo: participa del do mesmo xeito ca toda a poesía moderna. Podemos observar a súa influencia en trazos coma: a) Distorsión da pausa rítmica e semántica. b) Versolibrismo. c) Asimetría estrófica. d) Aparente desorganización textual, aínda que sempre existe un fío condutor. 3) Beat - Beatnicks: na literatura estadounidense existe a chamada Beat Generation, xeración que ten a súa orixe no existencialismo parisiense dos anos 50 (Sartre), é dicir, nas reflexións sobre o sentido da vida trala II Guerra Mundial. É Jack Kerouac (On the road) quen lle dá nome a este movemento e é o poema "Howl" de Allen Ginsberg o que define o movemento. Este movemento observa con temor a hexemonía dos Estados Unidos polo que protesta contra o american way of life. Gustan do jazz, das tertulias en espazos fechados, do sedentarismo[1]. A influencia da poesía beat en Ferrín apréciase nas seguintes características: a) Derrota fronte a sociedade: "en Compostela estamos moitos xa para sempre derrotados" (Con pólvora e magnolias). b) Negación da tradición: non é unha negación do pasado, senón do presente tomado como pasado ("señoras do pasado"). c) Determinismo: visión cíclica da Historia e da vida de Galiza, imposibilidade de progreso[2]. d) Importancia da conciencia máis ca do pensamento do individuo concreto. Isto é unha constante en toda a súa xeración. e) Obsesión coa morte, un dos seus temas fundamentais (Con pólvora e magnolias). 4) Outras influencias: a) Non galegas: . Dylan Thomas: poeta galés cuxa influencia en Ferrín se aprecia nos seguintes trazos: . Gusto pola aliteración. . Preocupación pola morte. . Crenza nunha linguaxe revolucionaria. . Simboloxía de carácter natural. . Georges Brassens: cantautor belga (que inflúe en Serrat) da xeración de Jacques Brel que inflúe en Ferrín na temática: . Decadencia das relacións amorosas. . O amor visto como complemento do odio. b) Galegas: . Otero Pedrayo: é clave para entender a obra de Ferrín. . Díaz Castro. . Cunqueiro. 5) Mundo medieval. |"Adeus", Voce na néboa | |É o poema que pecha Voce na néboa. | |Simboloxía natural: | | | |"Como a lembranza de unha folla seca | |que o carballo ceiba | |e a folla cai, | |cai, | |e o carballo estremécese de saudades da folla..." | | | | | | | |Morte. | |Certo superrealismo: "un ano comicamente morto...". | |Disociación semántica. | |Intensidade. | 3. Poesía enteira de Heriberto Bens (1980) |Estrutura | |Cantos | |Conto | |"Terra de proseguir e non dar nada" | |Na memoria de Ponte | |Espranza xorda | |Sonetos | |Pra Alexandro Bóveda, asesinado | |Epitalamio 1 | |Epitalamio 2 | |Hespaña | |Homes | |Aparición do vagamundo | |Oleiro | |Cantiga do amante preso | |Elexías nacionais | |Roi Xordo | |Ós líderes mariñeiros que fuxiron na dorna e | |morreron no Atlántico, lonxe do terror | |Proclama do novo agricultor | |Sirventés pola destrución de Occitania | |Poemas comentados | |"Terra de proseguir|Inmobilismo, visión cíclica (coma en | |e non dar nada" |"Penélope" de Díaz Castro). | | |Negatividade + rebelión (pero non é | | |escoitado: "Quixera alzar meu canto coma un | | |puño/ e pór na miña voz teu nome ergueito/ | | |pero non hai ninguén para escoitarme") | | |Paráfrase de Curros: "grande arado sen bois, | | |feira sen xente". | |"Conto" |Negatividade. | | |Certa esperanza no último verso, pero | | |"espranza angosta". | |"Pra Alexandro |Poema épico sobre unha figura histórica dun | |Bóveda, asasinado" |pasado combativo. | | |Proclama no último verso: "Galicia hase de | | |erguer en pe de guerra". | | |Lembra a "A derradeira lección do mestre" de | | |Castelao. | |"Epitalamio[3] 1" | | |"Epitalamio 2" |Maquis. | | |Aliteración: "que rebeldes, de ferrro foron,"| |"Cantiga do amante |Determinismo cíclico, monotonía. | |preso" |Experiencia carceraria, ausencia de | | |liberdade. | | |Sensibilidade e lirismo pouco habituais en | | |Ferrín. | 4. Con pólvora e magnolias (1976) É un dos grandes libros da poesía galega, que marca un antes e un despois. Un dos seus temas fundamentais é a morte, pero non vista dun xeito pesimista xa que moitas veces aparece asociada á felicidade e ao amor. Caracterízase, coma toda a súa obra, por un léx

Los consejos tienen una finalidad meramente orientativa, sin entrar a juzgar la profesionalidad de los docentes de nuestras universidades. Los apuntes, así como el resto de contenidos que son elaborados por los usuarios de la web, en ningún caso son atribuibles a los profesores. Los nombres aparecen exclusivamente a título informativo como referencia para el usuario. Los modelos de examen de cursos anteriores son compartidos por los propios usuarios, y prentenden servir como guía orientativa de estudio para sus compañeros. Patatabrava.com no puede comprobar la veracidad y fiabilidad de todos estos contenidos académicos. En todo caso, Patatabrava.com se reserva el derecho a eliminar cualquier aportación que no cumpla las condiciones de uso en el aviso legal.

Buscador general de apuntes
Buscador general de apuntes
X
¿Problemas con la contraseña?

¿Todavía no eres de Patatabrava?

Aquesta finestra es tancarà en 3 segons

T’has apuntat correctament a aquesta assignatura. T’avisarem quan hi hagi nous continguts de la mateixa!

 

¿Seguro que quieres eliminar la etiqueta?

Esto sería un texto puesto dentro de un parrafito, explicando lo que fuera.